Wednesday 08 de May de 2024

A concelleira de Traballo clausura o curso de atención sociosanitaria para persoas dependentes en institucións sociais


A concelleira de Traballo, Susana García, clausurou o curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Foron un total de 15 persoas as que participaron nesta nova quenda, a cal forma parte do programa de accións formativas para persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Constou de 468 horas e brindou a oportunidade de obter o certificado de profesionalidade de nivel 2, ademais de poder levar a cabo prácticas en empresas do sector.